Entrevista polo 60° Aniversario do nacemento do noso Orfeón Terra a Nosa

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Concertos Orfeón Terra A Nosa 60º Aniversario (Santiago de Compostela)

O próximo 31 de maio, actuaremos na Igrexa de San Francisco, celebrando así o cuarto concerto do noso 60º Aniversario.

Interpretaremos obras do século XIX de compositores como Mercadante, Zingarelli, Arriaga, Puccini ou Donizetti.

Podedes disfrutar deste concerto ás 21.00 h.

Ademáis, temos unha sorpresa preparada para pechar o concerto.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Concertos Orfeón Terra A Nosa 60º Aniversario (Monforte de Lemos)

O próximo sábado 24 de maio, actuaremos na Igrexa Nosa Señora da Antigua (PP Escolapios), celebrando así o noso 60 Aniversario.

Interpretaremos obras do século XIX de compositores como Mercadante, Zingarelli, Arriaga, Puccini ou Donizetti.

Podedes disfrutar deste concerto ás 19.00

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Concertos Orfeón Terra A Nosa 60° Aniversario (Poio)

O próximo sábado 23 de maio, actuaremos no «Ciclo da música coral» de Voces dos ermos, no Mosteiro de Poio, Pontevedra, celebrando así o noso 60 Aniversario.

Interpretaremos obras do século XIX de compositores como Mercadante, Zingarelli, Arriaga, Puccini ou Donizetti.

Podedes disfrutar deste concerto ás 20:30

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Entrevista ao Orfeón, con Ainoa Apestegui en «Hoy por Hoy Santiago», falando dos proxectos musicais no noso 60º aniversario.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Concertos Orfeón Terra A Nosa 60° Aniversario

Santiago acollerá o vindeiro 31 de maio un dos concertos conmemorativos do 60º aniversario do Orfeón Terra a Nosa (1966-2026), unha celebración que conta co apoio do Concello compostelán e que inclúe unha programación musical en distintos puntos de Galicia.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, participou este martes na presentación desta efeméride, xunto ao director do orfeón, Luis Martínez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e un representante do Concello de Monforte. O repertorio previsto para esta celebración inclúe obras do século XIX de compositores como Saverio Mercadante, Niccolò Zingarelli, Juan Crisóstomo de Arriaga, Giacomo Puccini e Gaetano Donizetti.

Durante a súa intervención, Louzao felicitou á formación polo seu 60º aniversario e puxo en valor o papel da colaboración institucional para facer posibles proxectos culturais desta natureza. Segundo destacou, deste tipo de cooperación “sempre nacen os mellores proxectos”.

A concelleira subliñou tamén a relevancia do Orfeón Terra a Nosa na vida cultural da cidade, sinalando que “o orfeón é un dos protagonistas indiscutibles da vida cultural compostelá, uns deses protagonistas que co seu traballo, ano a ano, axudou a conformar a Compostela Capital Cultural da que nos sentimos tan orgullosas e da que nos gabamos cada día”.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Concertos Orfeón Terra A Nosa 60° Aniversario (Rianxo)

O próximo sábado 25 de abril, actuaremos no «Ciclo Primavera» do Concello de Rianxo, celebrando así o noso 60 Aniversario. Interpretaremos obras do século XIX de compositores como Mercadante, Zingarelli, Arriaga, Puccini ou Donizetti.Podedes disfrutar deste concerto ás 20.30 no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Presentación da publicación de obras e partituras dos motetes do compositor herculino Marcial del Adalid.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Concerto Homenaxe 200 Aniversario

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

60º Aniversario do noso Orfeón Terra a Nosa

O próximo 4 de xaneiro, ás 20:00 en San Domingo de Bonaval, faremos un concerto de Aninovo con pezas diversas, entre elas, algunha do noso compañeiro e amigo Marcos Mato.

A entrada é de balde.

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario