ORFEÓN TERRA A NOSA
O Orfeón Terra a Nosa de Santiago de Compostela foi fundado en 1966 polo franciscano Manuel Feijóo (1926-92). Entre 1984 e 2021 asumiu a súa dirección Miro Moreira, que foi sucedido por Mateo Iglesias ata 2023.
O actual director Luís Martínez, alumno do mestre Moreira, é membro da agrupación desde 1996.En 1992 foille concedido o Premio da Crítica Galega en recoñecemento á súa rigorosa carreira musical. En 1994 o Concello de Santiago de Compostela outorgoulle a Medalla de Prata ao Mérito Artístico. Entre os galardóns obtidos destacan os primeiros premios de polifonía (1974, 1980) no Festival de Torrevieja.O Orfeón colabora na interpretación do repertorio sinfónico coral e ópera con orquestras como a Xoven Orquestra de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Collegium Musicum Prague, Orquesta Sinfónica de Brno, Le Baroque Nomade… entre outras, baixo a batuta de mestres da talla de Alberto Zedda, Edmon Colomer, Víctor Pablo Pérez, Paul Daniel, Antoni Ros Marbá, Massimo Spadano, William Lacey, Jacques Kantorow, Maximino Zumalave, Joam Trillo, Oliver Von Dohnanyi, Lorenzo Ramos, Jesús López Cobos, Kemal Kahn, Jean Cristophe Frisch, Javier Fajardo ou Michel Piquemal…Ademais de ter actuado en numerosas ocasións por toda a Península Ibérica, tamén se presentou en festivais internacionais en Francia, Alemaña, Inglaterra, Italia, Holanda, Bélxica, Portugal, O Vaticano, Polonia, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia, Venezuela e Estados Unidos (New York, e Washington).
Realizou numerosas gravacións, entre as que destacan Música tradicional galega (CBS), Misa solemne Unus Deus e Requiem de Melchor López (BOA) ou a participación na integral de Joaquín Rodrigo (EMI Classics).O Orfeón, no seu empeño de difundir e poñer en valor a música galega, protagonizou numerosas recuperacións e estreas: Misa ao Apóstolo Santiago, Te Deum, Magnificat e Misa de Requiem (Juan Montes), Channanea (Joam Trillo), música dos cantorais de polifonía da Catedral de Santiago, Stabat Mater (Buono Chiodi), Vilancicos e obras en latín (José de Vaquedano), composicións diversas de Santiago Tafall, Ramón Palacio, Millán Picouto, Marcos Mato ou Paulino Pereiro.Recentemente participou coa Real Filharmonía de Galicia nas estreas absolutas de Tempos Velados (Abe Rábade, 2016) e a ópera A Amnesia de Clio (Fernando Buíde, 2019), ambas baixo a batuta de Paul Daniel; e da Misa en honor ao Apóstolo Santiago (Marco Frisina, 2022), dirixida polo propio autor.
LUÍS MARTÍNEZ (director)
Nacido en Vigo, estudou Piano e Linguaxe Musical nos conservatorios de Santiago e Vigo. É Mestre especialista en Educación Musical e Licenciado en Pedagoxía pola USC.Asistiu a aulas de perfeccionamento en diferentes ámbitos da análise e interpretación musical con mestres da talla de Miro Moreira, Dominique Velard, Owen Reese, Peter Philips, Pier Paolo Scattolin, Artur Carneiro, Constantin Alex, Bernd Valentin, Tu Shi Chiao, J. López Calo ou Carmen Cruz.É fundador e director de Vox Stellae, e colaborador de numerosas agrupacións como Capela Compostelana, Capela Antiga, Capilla de Extravagantes, Grupo Siglo XX ou Hércules Brass. Desde 1996 forma parte do Orfeón Terra a Nosa e a Capela da Catedral de Santiago de Compostela.